Recoñecemento do dereito

A comisión de asistencia xurídica gratuíta (CAJG) é o órgano responsable, no seu correspondente ámbito territorial, de efectuar o recoñecemento do dereito.

En Galicia, están constituídas sete comisións: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. O funcionamento das comisións e delegacións axustarase ao establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común no referente a órganos colexiados.

Os colexios de avogados e de procuradores poñerán a disposición das comisións de asistencia xurídica gratuíta a lista de colexiados exercentes adscritos aos servizos de xustiza gratuíta, con indicación das especializacións.