Anteproxecto de decreto polo que se regula a estrutura e organización da oficina xudicial en Galicia

A Lei 4/2006, do 30 de xuño regula a transparencia, as boas prácticas e a participación cidadá no ámbito da Administración pública de Galicia. Deste xeito, faise efectivo o dereito de cidadáns e cidadás a coñecer a actividade da Administración pública, ao tempo que se favorece o control da legalidade e se lle facilita á sociedade a asunción dun papel activo na vida administrativa, fomentando as oportunidades de participación na toma de decisións.

Seguindo os principios recollidos nesta lei, a Dirección Xeral de Xustiza, pon a disposición dos cidadáns, nesta páxina, o contido relativo ao Anteproxecto de decreto polo que se regula a estrutura e organización da oficina xudicial en Galicia.