O xuíz interrogará como testemuñas a tres empregados de Renfe sobre a elección do sistema de seguridade

O maxistrado tamén pide aos peritos que avancen parte do seu informe

 

O Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago notificou un auto no que acorda a práctica de diferentes dilixencias de investigación encamiñadas a dilucidar, entre outrascuestións, as consecuencias que a elección do sistema de seguridadepuido ter no accidente ferroviario que tivo lugar en Santiago o 24 de xullo do ano pasado.

Debido á utilización de diferentes sistemas de seguridade, explica o xuíz, “a chamadaliña de alta velocidade que une Ourense, Santiago e A Coruña é unha conexión ferroviaria complexa e nova no noso sistema que ten a súaorixenunha decisión dos responsables de ADIF”.

No auto afírmase que “a transformación desaliña de alta velocidade na nova liña parece supor para a sociedade tan só un beneficio menor, que non ampararía ouxustificaría aquel incremento do risco, xa que presumiblemente a única utilidade que obtivo a sociedade con aquela decisión foi o aforro duns minutos de viaxe entre Ourense e Santiago como contrapartida a un importante aumento do risco para a vida dos centosou miles de persoas que utilizan a liña cada día, pois, eliminado o sistema ERTMS, o ASFA non avisa ao maquinista do cambio ouredución de velocidade de 200 a 80 km/h no lugar de Angrois para transitar pola curva da Grandeira e de non reducir a velocidade o maquinista o sistema non realiza de forma automática o freado”.

Para o maxistrado, “o que ocorre no presente caso en que os responsables de ADIF crearon unhaliña de ferrocarril nova e especial polassúas particulares características movidos por presuntos logros estritamentecomerciais que incrementou o risco para a vida humana nun tramo que, ademais, preséntase, aparentemente, especialmente perigoso polo deseño da vía”.

Por tanto, o xuíz considera “interesante tomar coñecemento do curso que puidese seguir a alerta dos maquinistas días despois de entrar en funcionamento a liña sobre a situación de perigo no lugar de Angrois e a posible insuficiencia de medidas adoptadas para afrontalo”.

Así mesmo, no auto notificado hoxe, o xuízinstrutor indica que “antes da chamada ao proceso de calquerapersoas como posibles autoras dese comportamento cualificado de imprudente, e tratándose o expostodunpensamentoinfluído de cuestións técnicas é oportuno dispor da opinión ouopinións dos peritos que interveñen na causa, á marxe do informe finalque poidan elaborar sobre as causas do accidente de 24 de xullo de 2013, sobre algúns extremos aludidos como as características da liña, singularmente os parámetros de alta velocidade da mesma, a predicada identidadeouanaloxía da infraestrutura e vía entre tramos, as características do tren accidentado, o campo de aplicación da norma de cambio de velocidade máxima ou a vantaxeouvantaxes que para a circulación leva a decisión de 23 de xuño de 2012 e a súa posible incidencia na condución”.

Ademais, o maxistradoacorda, entre outrasdilixencias, incorporar á causa copia do correo electrónico presumiblemente enviado por José Ramón I.M. (xefe de maquinistas) a Anxo L.P. (da Xerencia de Seguridade na Circulación de Viaxeiros de Renfe), a quen cita en calidade de testemuñas. Tamén como testemuña cita a José Luís R.V. (coordinador de maquinistas).

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]

Documentos relacionados