O Xulgado de Instrución 3 de Santiago xa conta con un xuíz, un secretario e seis funcionarios de reforzo

Segundo nos informa o Xulgado de Instrución núm. 3 de Santiago, hoxe xa se incorporaron ao xulgado un xuíz de reforzo, un secretario e seis funcionarios.

O interventor foi citado para mañá ás 10.00 horas en calidade de testemuña.

Está previsto que ao longo do día de hoxe se lle entregue ao xuíz o informe que recolle os datos extraídos das caixas negras, polo momento non está no xulgado. En canto o xulgado o autorice enviarase nota cos principais datos recolleitos no mesmo.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]