Identificadas 67 das persoas falecidas no accidente ferroviario de Santiago

As 13 que faltan ata chegar aos 80 falecidos non puideron ser identificadas e se practicarán probas.

Nestes momentos foron identificadas 67 persoas, a todas practicóuselles xa a autopsia. As 13 que faltan ata chegar aos 80 falecidos non puideron ser identificadas hoxe; mañá practicaránselles probas complementarias para tratar de conseguir unha identificación plena, en caso de non ser posible será enviada unha mostra para que se lles practique a proba do ADN. Desde primeira hora do día tomáronse mostras de ADN aos familiares por se fosen necesarias.

No Multiusos do Sar os equipos de psicólogos seguen a recibir ás familias que chegan para facerse cargo dos corpos.

Aclaracións:

  • O xuíz de Instrución núm. 3 de Santiago NON ordenou detención algunha.
  • O xulgado NON vai facer pública a lista de falecidos, como se leva dicindo desde primeira hora do día.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]