A Audiencia Provincial deixa sen efecto a imputación de todas as persoas de ADIF imputadas na instrución do accidente de tren de Santiago

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, notificou este martes 5 de novembro un auto polo que se acorda deixar sen efecto as imputacións realizadas polo Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago con respecto a 22 persoas de ADIF. Esta resolución é firme e contra a mesma non cabe recurso algún.

Desta maneira, tras este auto e o de 31 de outubro coñecido o luns 4 de novembro, a única persoa que permanece imputada na causa é o maquinista do tren sinistrado.

Pode consultarse o auto no documento anexo.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]