Declaran como imputados o director de seguridade na circulación de ADIF e o xerente da área de seguridade na Circulación Noroeste

Ao longo da mañá de hoxe declararon en calidade de imputados, tal como estaba previsto, o director de seguridade na circulación de ADIF e o xerente da área de seguridade na Circulación Noroeste (esta declaración aínda non finalizou). 

Nestes momentos hai 29 persoamentos na causa por persoas falecidas no accidente e 33 por persoas lesionadas; ademais do seis imputados ata o momento, tamén persoados; e unha acusación popular, que é Apafas (Asociación de prexudicados polo accidente ferroviario do Alvia de Santiago). Como responsables civís están persoados ADIF, Renfe e dúas compañías aseguradoras.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]