O xuíz chama a declarar como imputado a outro excargo de ADIF

O titular do Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago, que investiga o accidente do tren Alvia, citou unha nova persoa en calidade de imputada. Trátase de José Carlos Alcalde Fernández, que no momento de inaugurar a liña formaba parte do consello de administración de ADIF e que, por erro, non foi citado xunto ao resto de imputados. Está chamado a declarar o 16 de xuño ás 10 horas.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]