A Audiencia confirma o nomeamento de peritos xudiciais

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, ditou un auto no que acorda desestimar o recurso de apelación dunha particular persoada na causa na que se solicitaba que se impugnasen "cantas resolucións xudiciais nomeasen e/ou desen posesión como peritos xudiciais a técnicos propostos pola Xunta de Galicia". Ao desestimarse o recurso, queda confirmado o nomeamento dos profesionais designados polo xuíz instrutor.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]