O xuíz pide a Renfe a documentación sobre o informe do xefe de maquinistas de Ourense onde advirte do perigo da curva de Angrois

O titular do Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago reclama a Renfe que lle entregue, no prazo de tres días, toda a documentación que posúa relacionada co informe do xefe de maquinistas de Renfe en Ourense onde advirte da insuficiencia da sinalización para previr un accidente na curva de Angrois e propón a adopción de medidas para minorar ou eliminar o risco.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]