Localizados os dispositivos móbiles do maquinista que conducía o tren sinistrado en Santiago

Segundo nos informa o Xulgado de Instrución núm. 3 de Santiago, hoxe apareceu o que parece ser o móbil profesional do maquinista na cabina do tren sinistrado.

Con anterioridade (nin onte nin hoxe) xa se localizou a súa "tableta" (con esta hipótese traballa a policía científica, aínda que polo estado en que quedou o dispositivo non se puido comprobar fidedignamente).

Por outra banda, nas inspeccións realizadas onte e hoxe non se atoparon restos humanos.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]