O xuíz instrutor cita a declarar a varias persoas en calidade de testemuñas

O Xulgado de Instrución núm. 3 de Santiago citou en calidade de testemuñas ás seguintes persoas.

DÍA 8.- Xefe de circulación da Estación de Santiago de Compostela e dous veciños de Angrois que auxiliaron ao maquinista. Citados ás 10.00, 11.30 e 13.00 horas.

DÍA 9.- Tres funcionarios do Corpo Nacional de Policía. Dous deles auxiliaron ao maquinista e outro participou na custodia. Citados ás mesmas horas que o día anterior.

DÍA 19.- Garda de seguridade privada do tren sinistrado, maquinista que fixo o traxecto anterior e un operario de Renfe que viaxaba xunto ao interventor. Citados ás mesmas horas.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]