O xuíz instrutor cita como testemuña ao interventor do tren Alvia sinistrado en Santiago

Auto de citación como testemuña do interventor do tren Alvia número 150, sinistrado o 24 de xullo nas inmediacións de Santiago de Compostela co resultado de 79 persoas falecidas e numerosos feridos.

O xuíz cita como testemuña ao interventor xa que mantivo unha conversación a través do teléfono corporativo co maquinista, segundo se desprende das últimas dilixencias de investigación practicadas coas chamadas "caixas negras".

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]