Identificadas oficialmente as tres vítimas do accidente ferroviario que faltaban

Foron identificadas oficialmente as tres vítimas do accidente que faltaban. Unha delas é un home francés. Nestes momentos non queda ningunha familia esperando a que lle sexa notificada a identificación.

Cabe a posibilidade, tendo en conta o avanzado polos forenses nas últimas horas, e sempre á espera dos resultados do ADN, que os tres restos que recibiron un número independente no proceso de levantamento de cadáveres correspondan a vítimas xa contabilizadas. Desta forma, e sempre á espera da evolución dos pacientes hospitalizados, o número de falecidos no accidente sería de 78.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]