Habilitada a entrega de efectos atopados no lugar do accidente ferroviario

O sistema habilitado para a entrega de efectos atopados no lugar do accidente comezará a funcionar hoxe pola tarde. Quedou establecido no pavillón deportivo Rosalía de Castro, situado na rúa de San Clemente, 3 (por detrás da comisaría da Policía Nacional). Hoxe estará aberto en horario de 18 a 22 horas; e domingo e luns de 9 a 14 e de 16 a 22 horas.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]