Información para as persoas prexudicadas polo accidente ferroviario de Santiago de Compostela

Estado actual de tramitación do procedemento

A investigación xudicial do accidente, que corresponde ás dilixencias previas 4069/2013, atópase en fase de instrución.

En outubro de 2015 o titular do Xulgado de Instrución nº3 de Santiago entendeu que a investigación estaba esgotada e ditou auto de P.A. co maquinista do tren como único imputado. En maio de 2016 a Audiencia Provincial da Coruña ordenou reabrir a instrución ao entender que o xulgado tiña que seguir investigando para aclarar diversos extremos expostos nas periciais, en concreto a existencia de risco de accidente na curva da Grandeira.

Tras una ampliación das periciais, o maxistrado instrutor acordou citar en calidade de investigado ao director de Seguridade na Circulación de ADIF no momento do accidente. Para o xuíz quedou evidenciado que a análise integral de risco, previa á posta en funcionamento da liña, era necesaria, e que a mesma, "sendo preceptiva, non se fixo".

Desta maneira, na causa figuran como investigadas dúas persoas, o maquinista e o director de Seguridade na Circulación de ADIF en 2013.

Pode seguir as novidades do procedemento e consultar os autos ditados no apartado "Notas informativas".

Contactos

Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela
Información a prexudicados:
Teléfono do xulgado: 981 540 432
Correo electrónico: accidentesantiago@poderjudicial.es

Fiscalía de Área de Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 540 384 / 981 540 385 / 981 571 423

Outros contactos de interese:

  • Renfe.
    Teléfono: 900 101 660.
    Páxina web de información.
    Correo electrónico: alviasantiago@renfe.es
  • Compañía aseguradora do Seguro Obrigatorio de Viaxeiros: Allianz Seguros.
    Teléfono de asistencia: +34 91 325 55 96.
    Call Center de Allianz Atención ao Cliente: 902 300 186
  • Compañía aseguradora do Seguro de Responsabilidade Civil de Renfe: QBE Insurance (Europa) Limited, Sucursal en España.
    Teléfono de asistencia: + 34 91 789 39 50